| As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional | ||
|
O Consello da Cultura Galega, en colaboración co Movimento Festlatino, organiza o encontro “As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional” que terá lugar o martes, 3 de abril de 2012, na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. O Consello da Cultura Galega ten como encomenda estatutaria a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Nos últimos anos véñense desenvolvendo encontros e convenios con distintas institucións públicas e entidades culturais con vistas a contribuír ao diálogo da cultura galega con outras culturas e á súa proxección no exterior. Nesta liña de traballo o Consello da Cultura Galega organiza en colaboración co Movimento Festlatino o seminario “As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional” que terá lugar o martes, 3 de abril de 2012 na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Nel participarán representantes de institucións das distintas culturas da península ibérica vinculadas á súa proxección exterior e á promoción do diálogo intercultural (Instituto Ramón Llull, Instituto Camões, Instituto Cervantes, o propio Festlatino), xunto a persoas de recoñecido prestixio no ámbito cultural e universitario galego. O encontro está coordinado por Henrique Monteagudo (Consello da Cultura Galega) e Humberto França (Movimento Festlatino). Ver programa | ||
| Fuente: Observatório da Língua Portuguesa | |||||||
|
|||||||